domingo, 5 de octubre de 2008

Arca da Alianza.






Moito se especulou e demasiada literatura se fixo , dende que no ano 70 d.c o Imperatore romano Tito arrasou a terra dos xudeus pola súa contínua e soberbia desobediencia.
As lexións romanas adicáronse durante sete lúas a rapiña ó roubo e a violación co beneplácito de Tito , pero tiñan prohibido o paso ó templo sagrado de Salomón .
O senado S.C.P.Q. Romano tiña por costume ignorar e aniquilar calquer costume relixiosa bárbara...pero nesta ocasión un descoñecido e violento desexo de facerse coa reliquia do deus Yaveh , apoderouse da codicia senatorial.

Unha arca de madeira negra e ouro rematada coa imaxe de dous querubíns e sobre ela o candil de 7 brazos ....un trebello que contiña nin mais nin menos que a un Deus.....
Parece ser que Tito logrou o seu propósito logo de torturar os sacerdotes con sanguinarias artes.

Parece ser que a Arca chegou a Roma pero ninguén soubo que uso se fixo dela , e se reportou algún beneficio ou maleficio .....e aquí se perde a pista dela ata a caída do Imperio e a chegada do Visigodo Alarico. Os Godos remexeron e fozaron ata a saciedade nos despoxos romanos percurando a maldita caixa de Deus... calquer obxecto de Poder era imprescindible naqueles inestables tempos.....Sí dixeron que a tiñan en Carcansonne ......pero pronto chegaron novas de igrexas e templos soterrados nos desertos en Abisinia , actual Etiopía , onde a tribo xudeo negroide dos Falashas afirmaban seren descendentes da Raíña de Saba ....e guardians da esquiva reliquia....

Moitas liñas de investigación se seguiron dende entón ....Abisinios , Templarios , Godos , arabes...
Chegado o século XX , os arqueólogos e astrólogos de Adolf Hitler conviñeron que a Arca tiña que estar inevitablemente en Europa occidental.....non lle deu tempo a atopala,,, pero cecais estaba no certo.....nunhas recentes excavacións na provincia de Pontevedra atopouse a 40 cm baixo pedra un extrano aparello co anagrama xudeu da estrela de 5 puntas ,,,,, e máis que posibel que se trate dunha brúxula que nos indique a dirección a seguir ata a malfadada Arca.......de momento apunta hacia Nespereira.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

...escuros tempos nos dan os bos dias....coma nos anos 30, a economía roza os límites da prosperidade, nuns tempos en que nin os adiñeirados teñen o poder do ouro e a prata....son os tempos no que buscar a forza de antano e a saida mais fácil...e mais mortal....longa vida a orde de vurbida, centro sagrado e celestial...

Anónimo dijo...

a arca está en nós e só en nós a poderemos atopar se somos quen de ver alén do material...

a 40 cmbajotierra só hai máis terra. buscade no voso interior e se non atopades nada, non saiades fóra dos 40 cm...

Anónimo dijo...

Tito Flavio Vespasiano...desoíndo os sabios consellos do traidor "Flavio Josefo" atravesou arrogante as rúas sementadas de fogo e morte da Cidade Santa de Xerusalén...dirixíase presuroso ó templo de Salomón, ós pes do Monte Moriá...Con doce dos seus millores homes cruzou temeroso o sancta santorum...O sairen do Devir,envoltos nas brumas silenciosas do templo...portaban un grande bulto cuberto por mantas...intentando agochar parte do seu delito...
Corría o ano 66 da nosa era...
Cada ano a seguir, un dos soldados que acompañaron a Tito aquela noite, morría nas máis extranas circunstancias...maldecindo co seu último alento aquela lonxana noite no templo xudeu...
No ano 79 morre Vespasiano...ese mismo ano Pompeia, Herculano i Estrabia quedaban sepultadas de cinza e dor...

Anónimo dijo...

Sinceiramente agradezo a vosa participación , e vos animo a crear novos espazos de intercambio supra-intelectual que servan de vía de escape neste gris e mediocre comenzo do sec XXI. "Hay que tomar la Cruz" ...."A las Cruzadas" , "Desterremos las conversaciones futiles de ascensor ¡¡¡"