sábado, 4 de octubre de 2008
A sala de espera da Morte.
O asceta do século IX , Wintila de Worms fíxose a promesa de vagar polo mundo coñecido e sen coñecer ata expiar tódolos seus pecados , e así ficar libero de toda culpa et pecatum ante o seu temido e vengativo Deus.
Atravesou con moita penuria Wintila o mundo xermánico , e logo arrastrouse pola terra dos Francos , pasou fame e frío , maldurmiu no monte baixo o ameazante ouvear dos lobos...pero aínda así non era quen de sentirse libre da culpa que o atormentaba por teren parido.
Entón Wintila caíu na conta de que a única liberación posíbel , ,era a súa propia morte.....Pero xa que Deus lle esixía ese sacrificio , pensaba el que era merecedor de elexir o lugar . Seguíu vagando polas corredoiras e montañas percurando un santuario que lle satisfacera ata que cruzou a terra dos visigodos hispanos pola antiga ruta da vía Lactea...pero alí enterouse da descoberta do sepulcro do Apostolo Iacobus....noutro momento el devecería por venera-lo santo , pero el estaba decidido a morrer na intimidade e ofrecer a súa carne ó Divino Redentor....e xa tardaba....tomou camiño Sur e chegou esfameado e enfermo a unha fraga nun outeiro ...a fame facíao chorar e xa tiña pensado tirarse dun penedo abaixo.... a súa expiación ía cumplirse ata que mirou a 40 cm dos seus ollos a sala de espera da morte.....
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
....Ei atopar os osos milagreiros e cheos de fortuna que alen dos tempos agochados quedaron o son das lúas e outonos...longa vida o expolio infernal.....¡¡ as cruzadas!! ¡¡ningun infiel con alento vital!!!
Publicar un comentario