domingo, 16 de agosto de 2009
Como era aquela cita de Bertolt Brecht ?
A cita famosa era boa pero sempre me deixou un tufillo de perdedor.... pero a partir de hoxe , a estas alturas da miseria social colectiva e ecolóxica , na era do tuenti e feisbuc (de autobombo) , non podo máis que aclamar coma heroes da vila ós membros deste colectivo.
Ogallá todos tiveramos os seus collóns e ovarios , e voltar a mirada á fiestra e observar coma ano tras ano , o verde da herba é menos atlántico e máis mediterráneo.....( e a intuición dun desastre que non tardará..).
Na época dos progres de ONG`s rascando os collóns no Tombuctú , é admirable ver a estes homes e mulleres defender o máis sagrado que existe , o hábitat que nos rodea AQUÍ e non na Amazonía (para iso xa están os brasileiros de ben). Bueno a cita de Brecht que me gusta para eles é: " Cando a verdade sexa demasiado débil para se defender , terá que pasar ao ataque ".
http://plataformaredondela.blogsome.com/
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Unha máxima da supervivencia...
A loita é máis fácil sabendo que xente coma ti está do noso lado :D
Cantos máis vos unades, máis fortes seremos.
Publicar un comentario