

O día que Décimo Xulio Bruto apareceu coa súa tropa polas terras do Verduxo , atopábase Melitón co seu can sentado na cadeira de pedra no alto da polis.
Melitón, era tataraneto de Laertes , un dos primeiros colonos helenos das Rías Baixas que chegaran aquí na busca de novas rutas comerciais. E aquí ficaran ata entón , ninguén sabe porqué , xa que o negocio do estaño tampouco era a panacea e o clima desta parte do mundo distaba moito daqueles soleados campos de batalla de Troia ou de aquel mar azul turquesa do Helesponto.
Melitón non era coma Ulises , el non cavilaba na volta ó fogar , el era un explorador e punto ... vixiaba os camiños , buscaba novas de xacementos de minerais , informaba a Agamenón, o xefe da polis , sobre os movementos dos enemigos Grobios e pouco máis....bueno si , tiraballe moito a maxia.
Xa de pequeno ficaba coa boca aberta ante os meigallos luminosos do Anonimacrónico , o misterioso sacerdote da veciña polis de Arcadia.......Agora recorda Melitón ese fatídico día , ese día no que escoitou os tremendos alaridos do Sacerdote fozando na suxa auga dunha cazoleta de pedra .
" Cairanos a maldición ¡¡¡¡" "os fillos bastardos da Loba romana xa están a chegar" , Melitón cun nú na gorxa atreveuse a inquerir " e.... viviremos? ".......o Anonimacrónico pasou a man pola testa rapada e sentenciou:
Dentro de dúas lúas sentarás na pedra tallada da túa polis , dende alí verás como a fortaleza da Peneda dos Grobios será arrasada.....e nese fatal momento Melitón collerás o teu can e provisións e navegarás dirección Ítaca, pois nesa illa alguén está a esperar por ti......
Onte apareceu nas inmediacións do monte do castro de Pontesampaio a cadeira de pedra de Melitón , estaba a 40 cm baixo toxo e dende alí aínda se poden escoitan os berros de dor da peneda.....