viernes, 1 de octubre de 2010
Reflexións sobre o 29-S
Pasado un par de días da folga xeral e logo de visionar perplexo ás informacións que ofrecían os medios de comunicación de centro-esquerda , cheguei a humilde conclusión de que vivimos nunha verdadeira pantonima informativa , xa evidente dende sempre , pero que agora chega a un nivel obsceno de desinformación .
Despois de que os medios da dereita ( portavoces dos comisarios europeos ) enterraran xá de por vida ó dereito á folga por ser xá un resquicio do século XIX pasado de moda , e de efecto moi limitado , despois de demonizar ós sindicatos ....chegou o turno do grupo PRISA , para darnos á puntilla con argumentos moi de PROGRE de sec.XXI.. , pois eles tan finos non son caverna mediática ....
Fiquei atónito ante o señor Gabilondo e a súa recua de tertulianos neocons elexidos para o caso , falando paternalmente dos probes sindicatos e os millóns de españois na rúa , coma se fosen nenos da teta cabreados xustamente , sí , pero que "por su poca altura de miras no alcanzan para observar el" SACROSANTO MUNDO CAMBIANTE , QUE NADIE SABE DONDE ESTÁ , HACIA DONDE VA LA ECONOMÍA , REDES SOCIALES ( chegaron a afirmar que sería moito máis eficaz unha folga de Facebook) CHINA , INTERNET , NUEVAS TECNOLOGIAS Y LA PUTA MADRE QUE LOS PARIÓ sen perdón. Digamos que a redacción da noticia xá estaba cociñada.
Quen non saiba cara onde vai o mundo occidental que tire a primeira pedra ou un bloque de granito se lle prace .
Que razón teñen os que pronostican a fin do xornalismo , benvidos a nova era da desinformacion global e do exterminio da moral a velocidade da luz
Para exemplo fai tan só dous anos ou tres , tra-lo mediocre pero necesario documental de Al Gore todo o mundo quería salvalo planeta , baixa-las emisións de co2 , noticias no telexornal de ricachóns filantropos tentando remenda-lo mundo dos osos polares , documentales TERRA anunciados na TV , e ata coñeciamos o nome dun Hindú que levaba o tema do enquencemento global e o gravísimo perigo que conlevaría o desxéo do Ártico e........
E , dous anos despois a chita calada , e coma que non quere a cousa , emiten nos telexornais coma unha esquela a nova de que o Ártico xa está prácticamente repartido entre Rusia , Noruega , USA (catro fulanos), e cecais Dinamarca , para extracción de gas e petróleo . E o colmo da desfachatez foi que daban voz a enxeñeiros de minas españois falando do asunto , pero a ningún ambientalista .....
Os osos e nos andamos nun chan tambaleante.
FOLGA XERAL NA REDE?? DIOSSSS QUE MUNDO ¡¡
E de qué valeu a folga , seguramente de nada , pero eu dormín coa conciencia tranquila , e iso xa é moito
SAÚDOS @S VALENTES QUE SAÍRON A RÚA .
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Pois haberá que irse preparando, porque o peor aínda está por vir ¿ou ve vostede algún atisbo de esperanza? Só loitar, loitar e loitar, xa verá.
Iso sí, a nivel global, porque os políticos xa empezan a ter un papel semellante ó do clero.
Pois , aínda que pareza unha nimiedade , a folga conseguiu unha cousa : que o Psoe non volverá a gobernar este país cun programa de dereitas na vida . Esperanza ?? A única esperanza sería un bó cibervirus nos bancos de Suíza , Luxemburgo, Jersey etc....
Publicar un comentario