sábado, 8 de mayo de 2010

Deus nos colla Confesados

Dende 1998, o Estado Español vén autorizando de forma sistemática os cultivos experimentais de sementes con organismos modificados xeneticamente (OGM) como o millo BT, coñecido tecnicamente como Compa CB, patentado por Syngenta Seeds. A estas empresas uníronse nos últimos anos Monsanto e Pioneer Hi Bre –unha filial de Du Pont– ou Bayer, líderes internacionais no seu sector que teñen a Galicia por terra de experimentación.

A comunidade sufriu as súas continuas invasións durante once anos do millo NK603 e do MON810 principalmente, un cereal que en 2008 e 2009 se plantou, segundo datos do Ministerio de Medio Ambiente, en Mesía, Val do Dubra, Touro, Arteixo, Vilalba, Chantada, Castro de Rei e Lalín. En 2010, está autorizada a plantación experimental en Galicia de cinco clases de millo transxénico: NK 603, MON810, 59122, 1507 NK603 e 1507, en Mesía, Ribeira,Vilalba e Chantada.

Arzúa será a máis afectada, pois acollerá 2.000 metros cadrados de cultivos de ensaio do millo MON88017 “resistente a insectos coleópteros” e 6.000 metros cadrados máis dos mencionados NK603 e MON810. Se estes cultivos de proba superan os criterios das multinacionais e dos organismos que os regulan, poderán pasar a cultivarse de forma comercial e, polo tanto, utilizarse en alimentos. Os que non superen as probas destruiranse de forma “insegura e contaminante” advirten colectivos ecoloxistas.

O Estado Español é o único de toda a Unión Europea que permite os cultivos para fins comerciais de certos tipos de OGM pois normalmente a súa produción comercial está prohibida pola súa falta de garantías, xa que nin sequera deben pasar un trámite previo que avalíe a súa seguridade.

O MON810, por exemplo, é o único transxénico legal que se produce de forma comercial en España, a pesar do amplo rexeitamento cidadán que tivo polas súas posibles consecuencias sociais e medioambientais. De feito, en outubro do ano pasado o devandito ministerio recoñeceu por primeira vez a existencia de persoas afectadas por contaminación dos seus cultivos para a alimentación por polinización de parcelas a carón de onde se produce o MON810.

Pioneer experimentará con millo transxénico nunha finca de Mesía

Criticas a que PPdeG e PSdeG votaran en contra de declarar Galicia libre deste tipo de cultivos

OCULTISMO

Toda a información arredor dos OGM é confusa e de moi difícil acceso, unha circunstancia agravada polo “ocultismo” da Administración, segundo declaran multitude de asociacións ecoloxistas e grupos políticos, como Amigos da Terra, Sindicato Labrego Galego (SLG), Greenpeace, BNG ou o propio PSOE en moitos concellos.

Estes campos de experimentación ao aire libre realízanse en parcelas arrendadas polas multinacionais a particulares ocultando información ou de forma subrepticia para probar nelas distintas variedades transxénicas de millo, patacas, remolacha ou incluso algodón e son un requisito imprescindible para obter un permiso de cultivo comercial de novos tipos de OGM, que aproba a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria e en España o MARM.

" O Mundo según Monsanto " , (darlle no video para ampliar)









2 comentarios:

tócalle o carallo dijo...

GALICIA CANIBAL...

un neno labreho dijo...

Eu teño un Pioneer deses, con moitas luces e triple cedé...hai que limpalo cada dous por tres...como lle saian as patacas como as minicadenas andan listos...para acompañar un bistequele farán falla lo menos...lo menos un bo par de sacas de 25q...Si os xaponeses entenderán moito de tecnoloxía e de arroz pero de patacas e millo...teñenche que experimentar ben experimentado !!!