sábado, 15 de mayo de 2010

TEMOR XUSTIFICADO



Temor justificado

"Vivo con el miedo de que alguien se ponga

dos Power Balance y domine el mundo."

sábado, 8 de mayo de 2010

Deus nos colla Confesados

Dende 1998, o Estado Español vén autorizando de forma sistemática os cultivos experimentais de sementes con organismos modificados xeneticamente (OGM) como o millo BT, coñecido tecnicamente como Compa CB, patentado por Syngenta Seeds. A estas empresas uníronse nos últimos anos Monsanto e Pioneer Hi Bre –unha filial de Du Pont– ou Bayer, líderes internacionais no seu sector que teñen a Galicia por terra de experimentación.

A comunidade sufriu as súas continuas invasións durante once anos do millo NK603 e do MON810 principalmente, un cereal que en 2008 e 2009 se plantou, segundo datos do Ministerio de Medio Ambiente, en Mesía, Val do Dubra, Touro, Arteixo, Vilalba, Chantada, Castro de Rei e Lalín. En 2010, está autorizada a plantación experimental en Galicia de cinco clases de millo transxénico: NK 603, MON810, 59122, 1507 NK603 e 1507, en Mesía, Ribeira,Vilalba e Chantada.

Arzúa será a máis afectada, pois acollerá 2.000 metros cadrados de cultivos de ensaio do millo MON88017 “resistente a insectos coleópteros” e 6.000 metros cadrados máis dos mencionados NK603 e MON810. Se estes cultivos de proba superan os criterios das multinacionais e dos organismos que os regulan, poderán pasar a cultivarse de forma comercial e, polo tanto, utilizarse en alimentos. Os que non superen as probas destruiranse de forma “insegura e contaminante” advirten colectivos ecoloxistas.

O Estado Español é o único de toda a Unión Europea que permite os cultivos para fins comerciais de certos tipos de OGM pois normalmente a súa produción comercial está prohibida pola súa falta de garantías, xa que nin sequera deben pasar un trámite previo que avalíe a súa seguridade.

O MON810, por exemplo, é o único transxénico legal que se produce de forma comercial en España, a pesar do amplo rexeitamento cidadán que tivo polas súas posibles consecuencias sociais e medioambientais. De feito, en outubro do ano pasado o devandito ministerio recoñeceu por primeira vez a existencia de persoas afectadas por contaminación dos seus cultivos para a alimentación por polinización de parcelas a carón de onde se produce o MON810.

Pioneer experimentará con millo transxénico nunha finca de Mesía

Criticas a que PPdeG e PSdeG votaran en contra de declarar Galicia libre deste tipo de cultivos

OCULTISMO

Toda a información arredor dos OGM é confusa e de moi difícil acceso, unha circunstancia agravada polo “ocultismo” da Administración, segundo declaran multitude de asociacións ecoloxistas e grupos políticos, como Amigos da Terra, Sindicato Labrego Galego (SLG), Greenpeace, BNG ou o propio PSOE en moitos concellos.

Estes campos de experimentación ao aire libre realízanse en parcelas arrendadas polas multinacionais a particulares ocultando información ou de forma subrepticia para probar nelas distintas variedades transxénicas de millo, patacas, remolacha ou incluso algodón e son un requisito imprescindible para obter un permiso de cultivo comercial de novos tipos de OGM, que aproba a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria e en España o MARM.

" O Mundo según Monsanto " , (darlle no video para ampliar)