Chega a pataca transxénica aos nosos campos e aos nosos pratos |
Malia a que a OMS tiña sementado dúbidas sobre a seguridade deste transxénico e o Instituto Pasteur pedira que non se comercializara o xene, a CE acabou cedendo ás presións do lobby biotecnolóxico dos "5 grandes" (BASF, Pioneer, BAYER, Monsanto e Syngenta) e autorizou o cultivo de novos OMXs, antepoñendo os intereses empresariais á seguridade alimentar e ao medio ambiente. A Amflora contén xenes marcadores que lle confiren resistenza a antibióticos que, malia a recoñecelo a propia EFSA, "non constitúe un risco relevante".
Esta mesma axencia europea que lle acaba de dar a beizón á "Amflora" asegurando que non supón perigo algún para a saúde, xa metera a pata co millo transxénico MON863, que despois recibir todos os parabéns, amosou a súa toxicidade en ensaios de laboratorio provocando subas de tensión e incremento do azucre en sangue.
Apesar de que esta pataca non está (aínda) autorizada para consumo humano, a súa sementeira contaminará a produción das colleitas convencionais. Quen pode impedir que o pole transxénico fertilice os cultivos tradicionais, contaminándoos, ou que os tubérculos que queden soterrados trala colleita non agromen reproducindo os episodios de contaminación? Deste xeito, e aínda que a produción adicarase fundamentalmente á fabricación de papel e a abastecer o mercado dos biocombustíbeis, a súa autorización para pensos compostos fará que os compoñentes manipulados cheguen até nós através da carne do gando e da marxe de "contaminación" tolerada pola norma europea (até un 0,9% por ingrediente), sen a obriga de reflectilo na etiqueta.
Este é outro exemplo do control e a influenza que as empresas biotecnolóxicas teñen sobre os nosos alimentos, o noso agro e as nosas vidas. E as institucións, quer a Comisión Europea ou o estado español, primeiro produtor de transxénicos de Europa, son cómplices do desprezo pola saúde humana e ambiental ao autorizar estes Frankenstein nos nosos campos e nos nosos pratos.
A ministra Espinosa segue negándose a facilitar a ubicación exacta das parcelas con transxénicos en Galiza, incumprindo a Lei 27/2006 de Dereito ao Acceso á Información Ambiental e as sentenzas europeas (sentenza do Tribunal Europeo de Xustiza C-552/07 Azelvandre). Deste xeito, a cidadanía e os labregos ficamos inermes fronte aos riscos dos transxénicos e nen sequera temos dereito a saber onde se cultivan exactamente (hai 5 peticións de ensaios para este ano en Galiza en Mesía, Ribeira, Vilalba e Chantada) para poder tomarmos precaucións.
Infórmate sobre os transxénicos descargando o Tríptico dos TRANSXÉNICOS (2.81 MB) e na web da Plataforma Galega Antitransxénicos, da que fai parte ADEGA.
Hai unha macromanifestación en Madrid o día 17 de Abril....
A avaricia dos Fillos de Mil Putas non ten límites....... Dende o pasado 4 de Marzo , deixamos de ser cidadáns , agora somos COBAYAS....
Hai unha macromanifestación en Madrid o día 17 de Abril....
A avaricia dos Fillos de Mil Putas non ten límites....... Dende o pasado 4 de Marzo , deixamos de ser cidadáns , agora somos COBAYAS....
3 comentarios:
Ademáis de ADEGA...as asocicións paralelas TABERNA e FURANCHO están a presionar a UE con aglomeracións de taza, e partidas de dominó, rifando entre os participantes sacas de MONA LISA, KENNEBEC e SPUNTA...deixando de lado a discutida e polémica AMFLORA...ademáis da clásica folla de bacallau, lata de aceite de oliva e ristra de chorizo picantón...con que se obsequia aos afortunados...
Agora fora bromas, isto non se sabe onde vai a ir parar...non respetan nin a pataca...centro neurálxico da dieta norteña en xeral, e galega en particular...
Arredemo , colouse o Rober Bodegas no blog ¡¡¡ :)
....manda ostia....por iso os meus veciños collen máis patacas ca min...eles teñen tranxeniquismos....e eu abono de becerra do meu veciño "O Barbas"....¡¡cabróns!! ..
pd. non permitirei que tamen me gañen cos calacus...poreilles música, que din que fai a ostia.
Publicar un comentario