viernes, 4 de diciembre de 2009
Viva Sinde
...Pois , que queredes que vos diga , eu estou totalmente a favor do proxecto da señora Sinde .
Anos e anos de descargas gratuítas de música a granel , anos e anos de descarga de películas que acaban no caixón do disco disco duro porque non hai tempo para miralas .....chega un ó pc , abre o emule e pretende en vano acelera-las descargas coa vista , a ansiedade de querer todo xá e agora , coma un neno repelente e malcriado....baixo un album , poño unha canción , non a escoito enteira , abro outro album , fago o mesmo , pero esta vez mirando o reloxo , hai que ir currar , pero apuro un pouco máis e abro a peli que xusto agora acaba de baixar.....corres á cociña , comes , levas o postre diante do pc , e metes máis pelis e música no emule .....e así día tras día....
Xa non lembro a última vez que escoitei un disco enteiro , pero si me lembro a última vez que comprei un vinilo , chegabas á casa , abríalo con total intimidade coma se un tesouro se tratase , mirabas a portada , poñías a canción coas letras diante......e era relaxante....
Non é cuestión de seren demagogo , (ou sí non o sei) , pero paréceme totalmente intolerable ó tratamento informativo que se lle deu ós 250.000 agricultores que se manifestaron en Madrid hai unha semana polas penurias e abusos esclavistas que sofren polas distribuidoras alimentarias , e o rebumbio tan bobo que conleva todo este tema .
Dame ganas de rir de pena , ó escoitar a un gurú do "Manifesto" decir que o mundo xa vai por outro lado , que as institucións están quedando obsoletas , que a internet xa non hai quen a pare , que os cibernautas son os que van te-lo mundo polo mango , e demais lindezas....
Tan só lle faltou decir que ímos comer bytes e cocido de terabytes ¡¡
O certo é que estamos máis á mercede das multinacionais cá nunca , o certo é que "esta máxima ferramenta da liberdade de expresión" tan só serveu neste país para convocar macrobotellóns , para adianta-lo acceso á pornografía dos rapaces , para unha desnaturalización das relacións sociais (¿para qué me serve a mín ter un amigo que non coñezo en Colombia?).
E NUNCA serveu para ningunha boa causa.....¿ Cantas PIJIKEDADAS se fixeron diante do ministerio de vivenda para reclamar un dereito fundamental baixo mínimos coma é o dereito á unha vivenda digna? (as famosas fotos do metro de New York de indixentes con pc portátil).
Redes sociais . Estás na rede. Logo non estás na rúa . Logo non falas . Logo estás só diante dunha pantalla . Logo non actúas no mundo. Logo non vives. Logo non existes.
Como se comenta na L'insurrection qui vient:
"O que está fixado como medio ambiente é unha relación co mundo basado na xestión. Unha relación co mundo tal que non estamos feitos do murmuio das árbores , nin do cheiro a fritura do edificio , nin do discurrir da auga , nin do rebumbio dos patios da escola , nin da humidade das tardes do verán. Convertémonos en veciños nunha reunión de propietarios planetaria. É imposible imaxinar un inferno máis completo".
Ter un blog. Mais ou menos o mesmo . Ser consciente de que sería preferible falar dos seus contidos entre amigos e no mundo real .
Teñen razón estes gurús , o mundo vai por outro lado , vai por onde ten que ir , pola canle real e natural , as multinacionais sábeno , Monsanto tamén .
Máis bravura e menos cultura ¡
Máis se-lo actor principal da túa vida ¡¡ e menos espectador ultrapasivo de vagos e maleantes ¡¡
Chatear , chatear Malditos ¡¡¡
(Subo a imaxe polo morro , non creo que sexa o espirito da lei sancionarme por isto.)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Algo rebumbia no interior das inquedanzas...non lle falla parte de razón, nesa sinrazón do egocentrismo introvertius da rede...unha cousa é o libre acceso a cultura e outra tamén é foderlle o traballo a moitos creadores...Por suposto haberá que buscar un acercamento entre tódalas partes implicadas...ninguén pode ser tan inxenuo para proclamarse portador da verdade absoluta...Buscar o equilibrio pode ser a resposta máis intelixente...
Incrible, levo semanas dándolle voltas a un aforismo que vai na mesma liña do terceiro párrafo polo final. Publicareino un día destes.
En parte si,...mellor vivir que falar co ordenador das cousas da vida. Pero por outro lado, ten que haber algo bo das novas cousas que aparecen, rexeitalas de pleno tampouco será o acertado. Seleccionar as súas utilidades si.
O Anonimacrónico facendo gala das súas dotes diplomáticas...faría ben Moratinos en contratalo para resolve-lo conflicto Haidar ¡
Mr. Míguez debe se-la crise dos trinta ,espero ansioso a súa nova criatura.
Lady Ana estou dacordo con voçe , pero coido que o anonimato saca á luz o peor do ser humano , penso que comparando os pros e os cons da rede , a nosa especie sae perdendo por goleada..
Publicar un comentario