viernes, 4 de diciembre de 2009

Viva Sinde


...Pois , que queredes que vos diga , eu estou totalmente a favor do proxecto da señora Sinde .

Anos e anos de descargas gratuítas de música a granel , anos e anos de descarga de películas que acaban no caixón do disco disco duro porque non hai tempo para miralas .....chega un ó pc , abre o emule e pretende en vano acelera-las descargas coa vista , a ansiedade de querer todo xá e agora , coma un neno repelente e malcriado....baixo un album , poño unha canción , non a escoito enteira , abro outro album , fago o mesmo , pero esta vez mirando o reloxo , hai que ir currar , pero apuro un pouco máis e abro a peli que xusto agora acaba de baixar.....corres á cociña , comes , levas o postre diante do pc , e metes máis pelis e música no emule .....e así día tras día....

Xa non lembro a última vez que escoitei un disco enteiro , pero si me lembro a última vez que comprei un vinilo , chegabas á casa , abríalo con total intimidade coma se un tesouro se tratase , mirabas a portada , poñías a canción coas letras diante......e era relaxante....

Non é cuestión de seren demagogo , (ou sí non o sei) , pero paréceme totalmente intolerable ó tratamento informativo que se lle deu ós 250.000 agricultores que se manifestaron en Madrid hai unha semana polas penurias e abusos esclavistas que sofren polas distribuidoras alimentarias , e o rebumbio tan bobo que conleva todo este tema .

Dame ganas de rir de pena , ó escoitar a un gurú do "Manifesto" decir que o mundo xa vai por outro lado , que as institucións están quedando obsoletas , que a internet xa non hai quen a pare , que os cibernautas son os que van te-lo mundo polo mango , e demais lindezas....

Tan só lle faltou decir que ímos comer bytes e cocido de terabytes ¡¡

O certo é que estamos máis á mercede das multinacionais cá nunca , o certo é que "esta máxima ferramenta da liberdade de expresión" tan só serveu neste país para convocar macrobotellóns , para adianta-lo acceso á pornografía dos rapaces , para unha desnaturalización das relacións sociais (¿para qué me serve a mín ter un amigo que non coñezo en Colombia?).
E NUNCA serveu para ningunha boa causa.....¿ Cantas PIJIKEDADAS se fixeron diante do ministerio de vivenda para reclamar un dereito fundamental baixo mínimos coma é o dereito á unha vivenda digna? (as famosas fotos do metro de New York de indixentes con pc portátil).

Redes sociais . Estás na rede. Logo non estás na rúa . Logo non falas . Logo estás só diante dunha pantalla . Logo non actúas no mundo. Logo non vives. Logo non existes.

Como se comenta na L'insurrection qui vient:

"O que está fixado como medio ambiente é unha relación co mundo basado na xestión. Unha relación co mundo tal que non estamos feitos do murmuio das árbores , nin do cheiro a fritura do edificio , nin do discurrir da auga , nin do rebumbio dos patios da escola , nin da humidade das tardes do verán. Convertémonos en veciños nunha reunión de propietarios planetaria. É imposible imaxinar un inferno máis completo".

Ter un blog. Mais ou menos o mesmo . Ser consciente de que sería preferible falar dos seus contidos entre amigos e no mundo real .

Teñen razón estes gurús , o mundo vai por outro lado , vai por onde ten que ir , pola canle real e natural , as multinacionais sábeno , Monsanto tamén .

Máis bravura e menos cultura ¡

Máis se-lo actor principal da túa vida ¡¡ e menos espectador ultrapasivo de vagos e maleantes ¡¡

Chatear , chatear Malditos ¡¡¡

(Subo a imaxe polo morro , non creo que sexa o espirito da lei sancionarme por isto.)