A Xunta "pontea" á xustiza e legaliza a piscifatoría de Mougás, malia a ter orde de derrubamento |
3 de agosto de 2009. A Xunta vén de perpetrar outro atentado contra o litoral galego e contra a legalidade. A piscifatoría de Mougás (Oia) pertencente a filial de PESCANOVA INSUÍÑA S. L., vai ser ampliada en 7786 m2. Sobre esta instalación pesaba unha orde de derrubamento do TSXG por afectar a terreos de Costas e exceder nun 48% a edificabilidade da parcela. A maiores, en 1999 a COTOP de Núñez Feijóo denegou a autorización para a planta e declararouna ilegal e ilegalizábel. Xa co bipartito, novas resolucións e cuantiosas multas instaban á execución forzosa da orde de demolición. O asunto provocou en 2007 o procesamento do director de acuicultura de Pescanova por delicto urbanístico e do alcalde de Oia, o concelleiro de urbanismo e o aparellador por presunta prevaricación ao conceder a PESCANOVA unha licenza ilegal. No entanto, PESCANOVA fixo ouvidos xordos ás resolucións e sentenzas continuando coas obras e pagando sancións millonarias. Agora a Xunta dalles a razón: o que a segue, a consegue. Feitos consumados!
5 comentarios:
Outra vez O poderoso cabaleiro...fai que a balanza romana se incline ó seu favor...El que tiene, tiene y el que no tiene se va...
Vexo que ben vostede coas pilas cargadas dese viaxe do endexamais...do Finisterrae..onde os pulmóns énchense dende o nariz ata os collóns...é que na cima dun enorme acantilado, coa brisa salada do Atlántico patrio...e o fin da terra coñecida debaixo dos pés...un home tórnase máis humano...colectivizando a súa incontestable humanida...benvido sr.Uwe...botabaselle de menos...
votábaselle...a lágrimas non me deixaron ver o que había máis alá do meu nariz...
Merda carallo...
y EU, nin idea....gracias por informar ós desinformados!
Publicar un comentario