domingo, 15 de marzo de 2009
De Lúas e Soles .
De vostede depende descifrar o contido simbólico desta rocha..... pense....
Pense mentres se transporta vostede 5.000 anos atrás..... inspire e véxase vostede co cabelo suxo e longo , as súas mans lastimadas e rugosas e as súas unllas negras coma o carbón. Imaxínese vostede cunha vestimenta cheirenta de lá de ovella....e pense que vostede ten fame......e pense que é inverno e vai frío , está vostede entumecido e non ten que comer , está no monte cunha comunidade de salvaxes máis desnutridos ca vostede....e non tedes forza para cazar. Non hai legumes no poboado ...... o vello que falaba coa a rocha morreu.....el sabía cando prantar , el sabía canto esperar ......el era o único que sabía cando recolleitar......Morreu.....e a Rocha só falaba con el......
Agora volte vostede a súa dimensión e avance 30 anos máis e imaxine que esta crise tambalee o seu modo de vida......pense que ten fame ......pense que os seus avós , aqueles que gardaban o segredo da rocha , xa non están con vostede.....e vostede agora está en dificultades, e tampouco é quen de interpreta-la rocha que dá o sustento.... e maldice por non teren aprendido.....
¿ Estaremos a tempo de aprender?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Estupenda reflexión...a que fai vostede, todo pobo que se alonxa da terra, tarde ou cedo acaba pagando caro...estamos acostumbrados a ir as estanterías dos supermercados e intercambiar cartos por comida...xa non sabemos extraer da terra o verdadeiro tesouro...como seguro saben...os nosos pais e avós...
Publicar un comentario