miércoles, 31 de diciembre de 2008

A Lira de Orfeo .




..... E foi ese día na noite dos tempos que Eurídice , esposa de Orfeo , paseaba pola ribeira do río Estrimón cando unha xigante serpe abalanzouse sobre o seu esbelto corpo e prendeu o seu veleno no seu peito... Eurídice non tardou en morrer.
Contan as crónicas da época que Orfeo tocou cantigas tan tristes e cantou tan lastimeramente que tódalas ninfas e deuses choraron e lle aconsellaron que baixase o inframundo.
Camiño das profundidades tivo que sortear moitos perigos, para os cales valeuse da súa música , abrandou o corazón dos demos e fixo chorar ós Tormentos por primeira e única vez.
Chegado o momento abrandou tamén o corazón do Hades , o inferno , o cal lle permitiu a Eurídice voltar con el á Terra , pero só baixo a condición de que debía camiñar diante dela e que non debía mirar cara atrás ata que ámbolosdous chegaran ó mundo superior e os raios do Sol bañasen a Eurídice. A pesares das súas ansias Orfeo non mirou atrás incluso cando pasaban algún demonio....Finalmente chegaron á superficie , e Orfeo cheo de desesperación mirou atrás pero Eurídice non fora totalmente bañada polo Sol , e tiña todavía un pé no inframundo . Eurídice desvaneceuse no aire dende entón para sempre.

Hai uns meses uns amigos e servidor sentimos a extraña necesidade de visita-las ruínas da antiga ciudadela de Lamsbricae , alí , chamados e levados por unhas tristes notas de lira paseabamos absortos polas murallas , o tempo parecía deterse , o Soño apoderouse da ciudadela uns intres .....pero houbo un momento de desacougo ....un suave Shhhhhhhs e un olor fétido que desapareceu tan pronto voltaron soar as notas da lira.
Sí , se cadra Orfeo persegue á Serpe onde queira que apareza.

Fixádevos sempre nas árbores en forma de Lira , alí está a Serpe , e tamén Orfeo ......pero a saber ata cando.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Dou fe do aquí narrado, eu vin, eu oín, eu ....bueno eu recordarei.As liras sempre teñen un algo de melancolía, dende a tensión do deu ser agasalla ó mundo de doces notas cheas de sentimentos inefables...

Anónimo dijo...

Poucos imaxinaban a trascendencia daquel acto banal, cando o fillo dun dos acólitos de Virxilio...esparciu as súas cinzas pola recén romanizada Lansbricae...
poucos ou ningún que para o caso ben sendo a misma cousa...

Anima mundi luminar...

A ánima de Publio Virxilio Manón sentou ó carón dos muros, aínda quentes de luz, da antiga Lansbricae...tratábase dun dos seus continuos “viaxes de meditación” a vila termaria da cidade de ouro (Aurense) ou “aquae urente”(augas quentes)...importante centro neurálxico da romanizada Gallaecia, onde a ánima errante(en terra de ánimas errantes) pasaba longas tempadas de reflexión extraterrena entre obra e obra...dominando nas caldarium a grande zozobra interior que sacude a todo facedor de historias...como anos atrás acontecera en Caracala...polo mesmo motivo...
Viña de rematar a súa obra máis ambiciosa “A Eneida”, once anos de duro traballo coroados cunha longa viaxe por Asia Menor e Grecia...
Alí, sen sabelo, como de casualidade furtiva, namorouse do mito, ese amor obsesivo...ferveríalle nos miolos unha e outra vez, unha e outra vez...ata ir agotando o resto dos seus días...
Un nome Orfeo...fillo de Apolo e a musa Calíope...que baixou ós infernos na busca da amante perdida, Eurídice...ninfa de excepcional beleza e turxentes atributos de concupiscencia laxativa...e logo esas raras árbore en forma de lira, que unha e outra vez, no tempo e no espacio...medraban e medran en certas épocas seculares, en certos lugares místicos, onde as notas de Orfeo pousaran paseniñamente nese seu periplo tralos ventos que percorren invisibles o mundo apenas coñecido...esas árbores onde pervive a esencia do mito...das artes...do misterio...da vida....
Peregrinaxe din...imposta ó poeta, cando nun exceso de loucura transitoria encargou queimar os once mil hexámetros dactílicos e apócrifos que relatan a caída de Troia, os viaxes de Eneas, e a refundación no Lazio...outros din que a cousa sentou mal nas altas esferas do monte Olimpo...onde unha longa reunión presidida polo mesmisimo Zeus acabou impolléndolle esta especie de purga trotamundana...pois ó fin e o cabo tratábase dun artista, e cos artistas xa se sabe...O certo é que, por unha cousa o por outra, Virxilio voltou de forma cíclica a Lansbricae(entre outros sitios) non se sabe a cenza certa, si por fruto da súa particular obsesión...por deformación profesional con desacougo inquisitivo ou como éxodo particular imposta...
Foi así como acadou unha meritoria “experience post mortem” neste tipo de viaxes por mundos paralelos, inframundos e outras categorías atemporales máis alá da materia...
Séculos despois outro grande poeta votaría man desta singular experiencia e veteranía virxiliana, para a renacentista peregrinaxe polos infernos e purgatorios da súa Divina Comedia...
Contan as lendas de tradición oral, que esas raras árbores seguen aparecendo en certos lugares de encantamento primixenio, e que só certas ánimas de exquisita sensibilidade artística perciben a suavidade nostálxica das notas de Orfeo...e os poucos, a picadura acechante da serpe agazapada...

Outros...os máis...so miran unha caprichosa árbore garabateada no horizonte...

Anónimo dijo...

Ogallá o Mestre Poeta das Redes non teña que baixar de novo ó Hades para retratar os 21 infernos deste século....aínda que moito se asemella este Anonimacrónico ó finado de Virxilio....e como serán os turxentes atributos dunha Eurídice do sec.XXI?