viernes, 21 de noviembre de 2008

Do baúl....




Revolvendo no faiado da miña bisavoa atopo un baúl de latón, cunhas asas de motivos arabescos descoñecido por min , nel atopo a 40 cm baixo saias , un cuase desfeito manuscrito de follas amarelas e notoria antigüedade . De letra atravesada e enrevesada tiven que tirar da axuda do filólogo Anonimacrónico que coa axuda da súa filósofa muller foron quen de alomenos alumear un pouco a temática deste achádego.

Parece ser que a cousa vai dun moi lonxano antepasado meu de nome Arnau Vidal que viviu no medievo alá polo ano 1195. Catalán de nacemento , pronto deu renda solta a seu impulso empresarial e montou un pequeno negocio de importación de espellos venecianos cos que surtía á nobleza da Coroa de Aragón.

De cando en vez Arnau viaxaba á cidade da lagoa para observar as novidades e os novos gustos no xénero que el traballaba.......Aquí o manuscrito interrómpese por mor da humidade das follas..... e perdeuse unha valiosa información porque o texto se reanuda con Arnau Vidal enrolado nas forzas Cruzadas do Dogo veneciano que constituían o exercito máis poderoso da Cuarta Cruzada, promovida polo papa Inocencio III, ó mando do dux Enrico Dandolo.

Conta Arnau a situación en Venecia a día de maio de 1202 :

".....el bullic en el port de Murano es insufrible , cony ¡¡....llegan huestes del reyno Anglo , tropas estruendosas de Federico el Germanicus , y el grande exercito Franc.....entre estos hay un noble molt destacado , no por sus riquezas si non por su bravura , dizen de el que fustigó a mil herexes cátaros de la Borgoña , su nombre Monsieur Ferran , o Ferrín como le dizen los ballestets catalans.......he fet bona amistat con el....
En totalitat serems no mas de 35.000 cavaliers para la conquist de la Terra Santa...."

A partires de eiquí pérdese moita información ata que Arnau Vidal relata o seguinte:

" .... Hay cambi de plans, El Dux decide atacar Constantinopla , el imperio hereje Bizantin debe caer ..... hemos fet un asedio o un catenaccio com dizen les Venecians, a la ciutat......en el moment del atac final Monsieur Ferran es molt valent rodando cabezas amb la espada .....yo soy mas prudent y atac desde retaguardia con la ballest........"

".....la rapiña de la ciutat es molt violent , molta sangre , pero tambem molt oro et plata , mentres els soldats asaltam mullieres yo guardat monedas.........xornadas pasan y el Dux Dandolo ordena levar anclas para recuperat Ierusalem.......yo non quer ir.......parlo amb Monsieur Ferran et coment que son un hombre cobard ..... quer voltat a Venezia y fundat una manufacturera de máscaras de carnaval.....Ferran entendet la mia posición y dispone una galera para me llevar de volt...."

Máis follas perdidas ata que de novo...

".....el mio negoci va vent en pop.....las gemes y riquezas bizantins han dat molta vida alegre a la ciutat.......Sorpresa la min ¡¡¡ pues he recibit un regalo de mi amic Franc....un baul plateat ....dize la nota que lo envía desde la ciutat Syria de Krak de los Cavaliers que ha reconquistat.....sigui la not .....me envía el baul mitat vacío pues ben sabe que son ric .....abro el baul y dentro hay una cabeza sarracena cortat con oltra not en la boc que dize así .....non olvides por que bien vives, cobard ¡¡¡ "

Así remata o manuscrito , ahora entendo porque nunca oín falar na casa de tal baúl , ,,garda a vergoña familiar de non ter ido nunca combater na terra santa.....A Xerusalem hei ter que ir antes de morrer ¡¡¡

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Estimat sr.V: Escríbolle esta liñas para darlle novas sobor do manuscrito do seu antepasado e o misterioso baúl atopado recientemente...
As follas que creíamos perdidas "per sempre"por mor do seu desgaste secular e outros axentes patóxenos que aquí non veñen a conto...foron de algún xeito "resucitados...
Ademáis estou relacionado con esta fabulosa historia de forma directa e indirecta...unha debido a amizade e admiración que lle profeso e outra por un antepasado lonxano meu( o admirado e inxustamente vilipendiado Baudolino)...
Baudolino adoptado dende moi cativo polo emperador Federico, sen importarlle a súa ascendencia plebeia e sí o seu potencial talento...
Baudolino foi cronista desta época na que situamos a súa historia...asistiu a ocupación un tanto "excesiva" da fermosa Constantinopla e incluso salvou das garras da morte o hitoriador Nicetas Choniates...chegando nas súas incontables aventuras ata o reino cristiano máis oriental, o reino do Preste Juan...descendente directo dos Reis Magos...pero isto é area de outro costal.
Seguindo co noso asunto...debo decirlle que intentando descansar das fatigas diurnas nos meus aposentos, o sono unha e outra vez mostrábaseme esquivo...polo que estaba volta e volta e reviravolta...
Entón decidín darlle unha tregua a cama, preparándome deliciosa e relaxante tisana de herbaluisa e ortigas...remedio anonimacrónico cuasi infalibel contra as lombrices e o insomnio(como me picaba un pouco o cu, xa mataba dous paxaros dun tiro...)
O remexer nas estanterías onde gardo tan singulares e apreciadiados remedios...caiu un pequeno papel amarelento, unha especie de pergamino...Debido a súa caída en círculos e posterior estruendo(lembremos que se trataba dun simple papel), notei algo raro, algo alonxado do raciocinio, (que como vostede sabe é a liña que me conduce por este mundo de tolos)
Invadiume un escalofrío por todo o lombo...erizáronseme ata os pelos das orellas, como se unha grande tronada inundase o ceu nese mesmo intre...
Tiven a sensación que non me lembraba dese papel...que ese pergamino levaba...como lle diría eu esperándome moito tempo...pero que moito, moito...moi antes que eu mesmo existira...

Primeiro Acto

Anónimo dijo...

Uffffff tiven que tomar un pouco de auga!!!!!!!!
Como lle ía dicindo sr.V. cousas así poden volver a home racional nun home tolo...sen dirección...vostede xa me entende...
Despois de examinar minuciosamente o manuscrito de extraños pero a vez familiares caracteres, decidín consultar algúns volumens de incunables que agocho baixo chave no meu trasteiro...
Pouco a pouco fun decatándome que se trataba dunha fórmula prealquímica anonimacrònica...tal vez para devolver a "vida" durante uns minutos calquer escrito ou documento por moi deteriorado ou esnaquizado que este se atopase...
Procedín no cuarto de baño a mezclar os ingredientes...sinxelos todos eles...pero que, discúlpeme sr.V. non podo mentar, tratándose como é dun segredo de familia...
Os resultados foron algo fora do normal...tras unha pequena explosión de luz e fume...o manuscrito amosouse no seu máximo esplendor...recuperou de súpeto toda a súa "lozanía"...alí estaba...completo...brillante...coma recén acabado de redactar e perfumar...
Pouco a pouco a luz intermitente dunha vela...pois estes menesteres é máis indicada a luz dunha vela que a luz artificial, e coa axuda da miña muller(que espertou co barullo do experimento e tamén por que non dícilo dos veciños do terceiro) e tras consultar varios volumens sobre línguas mortas, escritura cuneiforme, latín para principiantes, e como aprender acadio e sumerio en dez días...dei conta do recado...e que recado!!!

Segundo Acto

Anónimo dijo...

Tratábase dunha especia de profecía familiar...onde despois de moitas frases lapidariolaberínticas e trebelínguas despistantes logrei descifrar a grandes rasgos o seu contido...non sin antes tropezar varias veces co "fuciño contra o muro"...
O seu antepasado Arnau Vidal contraeu unha deuda de honra cun cabeleiro francés que atendía o nome de M.Ferran,( famoso pola súa valentía, azote de mouros e demáis infieis...)ó que prometeu mediante un pacto sangue non descansar ata entrar victoriosos na anhelada Xerusalén...
Logo por cousas da vida, e debido o carácter máis comercial(pola súa ascendencia catalana)que belicoso do seu tío o sr.Arnau Vidal a cousa quedou en "auga de mariscos"...
Pero o xuramento estaba ahí...a profecía continua dicindo algo así coma que un día os dous amigo volverán a atoparse, cruzándose os seus destinos ("un descendent de ca stirp...a retomar lu que hacer de deb")reza unha das liñas menos confusas...é dicir que vostede Sr. V. e un descendente de Monsieur Ferran volverán a atoparse(logo dice non sei que de tesouros...alude a algo chamado Búrbid...)
Como lle estaba contando os dous atoparanse baixo as mismas estrelas...nos camiños abertos polo tempo...e deberán facer unha peregrinaxe conxunta a cidade santa de Xerusalén...so así desaparecerá ese antigo "estigma" do seu apelido...e os antepasados descansarán por fin desfrutando da paz "aeternam"...
Sen máis un saúdo Sr.V.

Postdata: Na derradeira liña...comenta a modo de iniciación que tampouco lle vira mal unha pequena viaxe a San Andrés de Teixido...por que con estas cousas nunca se sabe...

Terceiro Acto

Anónimo dijo...

Faltaba o Anonimacronico....claro¡¡¡ Xa temos a cuadratura do círculo inscrita na circunferencia.
Miles de gracias por acabar de descifrar o texto ,... e que a min o acadio aínda bueno pero....atravesouseme o sumerio. :)