jueves, 23 de octubre de 2008
A cadeira de Pedra .
O día que Décimo Xulio Bruto apareceu coa súa tropa polas terras do Verduxo , atopábase Melitón co seu can sentado na cadeira de pedra no alto da polis.
Melitón, era tataraneto de Laertes , un dos primeiros colonos helenos das Rías Baixas que chegaran aquí na busca de novas rutas comerciais. E aquí ficaran ata entón , ninguén sabe porqué , xa que o negocio do estaño tampouco era a panacea e o clima desta parte do mundo distaba moito daqueles soleados campos de batalla de Troia ou de aquel mar azul turquesa do Helesponto.
Melitón non era coma Ulises , el non cavilaba na volta ó fogar , el era un explorador e punto ... vixiaba os camiños , buscaba novas de xacementos de minerais , informaba a Agamenón, o xefe da polis , sobre os movementos dos enemigos Grobios e pouco máis....bueno si , tiraballe moito a maxia.
Xa de pequeno ficaba coa boca aberta ante os meigallos luminosos do Anonimacrónico , o misterioso sacerdote da veciña polis de Arcadia.......Agora recorda Melitón ese fatídico día , ese día no que escoitou os tremendos alaridos do Sacerdote fozando na suxa auga dunha cazoleta de pedra .
" Cairanos a maldición ¡¡¡¡" "os fillos bastardos da Loba romana xa están a chegar" , Melitón cun nú na gorxa atreveuse a inquerir " e.... viviremos? ".......o Anonimacrónico pasou a man pola testa rapada e sentenciou:
Dentro de dúas lúas sentarás na pedra tallada da túa polis , dende alí verás como a fortaleza da Peneda dos Grobios será arrasada.....e nese fatal momento Melitón collerás o teu can e provisións e navegarás dirección Ítaca, pois nesa illa alguén está a esperar por ti......
Onte apareceu nas inmediacións do monte do castro de Pontesampaio a cadeira de pedra de Melitón , estaba a 40 cm baixo toxo e dende alí aínda se poden escoitan os berros de dor da peneda.....
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Décimo Xulio Bruto arrasou coas súas tropas todo o que atopou ó seu paso...non deixou títere con cabeza dende o muelle de Laforé ata o alto do castro da Peneda...onde o asedio adquiríu tintes dunha crueldade case irreal...facendo Décimo Xulio honra ó seu apelido e a esa expresión constante que o acompañaba da noite a mañá...un rictus desagradable que anunciaba xa unha natureza pouco dada a sensibilidades e sí a disfrutes máis preto de bestas que de homes.
Por outro lado Melitón tivo que fuxir aproveitando o anonimato que nos procura a escuridade...e cos ollos en lágrimas, un pequeno fardo con comida, cruzou a ría dirección as minas de cobre de San Adrián...dende onde escomenzaría unha das máis longas e descoñecidas travesías da antiguedade...percorrendo toda a Lusitania ata Xibraltar e atravesando o Mare Nostrum cerca das costa africanas ata chegar a desexada Itaca...onde feneceu o seu compañeiro e amigo, un can de palleiro que atendía o singular nome de Tinto...un dos poucos datos que se conecen desta longa viaxe que consomiu un lustro da vida de Melitón...Aínda sen tempo para recuperarse desta grande pérdida do compañeiro i amigo...e por causas axenas a súa vontade i estado anímico...obrigado por acontecementos que aínda hoxe descoñecemos...tomou a decisión de adoptar tres pequenos gatos orfos, riscados o gusto das terras que deixara tras das costas facía xa moito tempo...Logo moitos anos despois, Melitón alcanzaría grande sona como adestrador destes tres felinos para prácticas circenses,moi de moda naquela época entre os nobres gregos e debida tamén a elaboración dun exquisito elixir que destilaba no máis absoluto segredo coñecido como "Herbas", a partir dunha receta milenaria dos anonimacrónicos da arca...pero esa é outra historia...
Durante o mes de Novembro, a Platafora de Redondela vai facer roteiros polas zonas afectadas pola autovía. Tal vez lle interese acompañarnos a visititar petroglifos, pedras que falan e outros lugares sagrados antes de que os sepulten para sempre a «40cm bajo asfalto».
Alí estaremos...buscando historias adormecidas dende a noite dos tempos... que esperan de algunha man as arranque dese seu letargo de séculos...latexando paseniñamente namentras a terra xira arredor de Slaol...e o home xira arredor de sí mesmo, destrozándo sen escrúpulos a súa herdanza...
Publicar un comentario