lunes, 15 de febrero de 2010
Ave Imperatore Gallienus ¡¡
Publius Licinius Egnatius Gallienus (218-268) , gobernou o Imperio Romano nunha época profundamente sombría de crises económicas , de rebelións no imperio ( chegou a perde-lo control de gran parte da Galia)....etc . Nunha desas tantas rebelións ,esta vez en Milano, decidiu poñerlle un par de oeufs e sitia-la cidade....con tan mala fortuna que foi asasinado polos seus propios soldados....
Deume pena que o aterrasen así no fondo da terra , despois de todo as súas moedas teñen moito estilo....
domingo, 14 de febrero de 2010
" Arqueoloxía en tempos de crise"
Sacado dun blog inimigo :
"O mes pasado unha nova arqueolóxica desas que soan espectaculares asaltaba as axencias: Apareceu un tesouro saxón en Inglaterra, enterrado nunha terra de labor. A arqueoloxía-espectáculo, para o consumo do gran público, sempre adorou os tesouros. O achado non era fortuito, mais sí afortunado. Un home chamado Terry Herbert rastrexaba os campos de Staffordshire co seu detector de metais, buscando ouro. Levaba dezaoito anos facéndoo sen demasiado éxito. Según o seu propio relato, todos os días comenzaba a súa pescuda cunha oración de reminiscencias paganas: “Espíritos de outrora, levádeme onde as moedas aparezan”, e agardaba que a prosaica pitada do trebello detector o conducise ao seu soñado tesouro. Aquela mañá, seica, trocou a súa plegaria: “Espíritos de outrora, levádeme ata onde o ouro apareza”. E apareceu: Cinco quilos de ouro e 1’3 quilos de prata repartidos en mil cincocentas pezas, sobre todo adobios militares de armaduras e puños de espada, decorados cunha exquisita habilidade.
As propias características deste tesouro, sen moito contexto, permiten facer algunhas hipóteses sobre o seu sentido. Non hai pezas de adobio femininas, senón que case todas pertencen ao enxoval dun guerreiro. Iso sí, guerreiros dun refinado gosto, que embelecían os seus cascos, armaduras e espadas con toda sorte de apliques de ouro e engastes de pedras semipreciosas, decorados con sofisticados diseños, como figuras de animais retortos que se enlazan e traban uns a outros nunha caligrafía de arabesco. Un estilo moi propio da nobreza saxona do século VII, semellante ao do tesouro de Sutton Hoo, o máis importante dos achados ata o momento, e que agora ficou pequeno. Moitos destes apliques decorativos foron deliberadamente arrancados do seu lugar de orixe para ser ocultados nesta leira. Cal pode ser a explicación? Podería relacionarse directamente este agachamento con algún dos reis do antigo reino de Mercia, no corazón do cal se atopaba Staffordshire? Tería lugar neste ferrado unha batalla e o tesouro sería o botín que os vencedores acumularon dos despoxos dos vencidos? Ou serían os trofeos coleccionados por un só guerreiro ao longo da súa carreira de armas? Cal é a razón pola que foron ocultados e esquecidos? Enterrou o seu antigo propietario as súas caras xoias ante a inminencia dun perigo que resultou fatal? Ou serían unha ofrenda a un deus pagán? O misterio é tan intrigante que podería ser inspirador dunha novela. De feito, hai quen mira neste tesouro ecos dos versos do Beowolf, o poema épico anglosaxón posiblemente contemporáneo do recén achado tesouro: “Houbo outras moitas reliquias amoreadas dentro da casa da Terra, porque hai moito tempo, cun deliberado coidado, algunha persoa esquecida depositara toda a súa rica herdanza dunha carreira de alta estirpe neste antigo escondedoiro. A morte chegara e levara a todos en tempos remotos, e a única testemuña do seu destino, o derradeiro veterán, só podería afrontar o mesmo destino para si mesmo. Adiviñou que a ledicia do seu tesouro sería breve”.
O achado pon de manifesto outra cuestión, que nesta terra nosa resulta exótica: a importancia que na Gran Bretaña acadaron nos últimos anos os arqueólogos “amateurs”, e o que é máis chamativo, a estreita colaboración entre os arqueólogos profesionais e académicos, e os afeccionados. Un proceso curioso no que teñen que ver o crecente interese popular pola antigüedade e a historia, por unha banda, e a crise económica pola outra.
A cousa é como segue. Nos últimos anos proliferan afeccionados á arqueoloxía (mesmo con formación superior) que pescudan os montes e veigas ingleses na procura de calquera artefacto enferruxado, ás veces axudados con detectores de metais. O seu costume de gardar toda a quincalla que atopan, esmeradamente embolsada e clasificada en fiambreiras e tuperguares, dalles o alcume de “grot pots”, ou “botes de porcalladas”. Cada vez son máis: algúns actúan por pasatempo, inspirados polo éxito televisivo de “Bonekickers”, (unha serie da BBC estilo CSI pero con arqueólogos), outros por verdadeiro interese científico. Os arqueólogos mirábanos con desconfianza: non deixaban de ser intrusos que fozaban nos campos a eito e esbandullaban os xacementos.
Pero en 1996 promulgouse a Treasure Act, que establecía a obrigatoriedade de denunciar o achado de obxectos de ouro e prata, ou moedas de máis de 300 anos de antigüedade, e creouse conxuntamente un sensacional instrumento: o Portable Antiquities Scheme, unha enorme base de datos onde calquera que faga unha descuberta pode comunicala voluntariamente. O seu “tesouro” é tasado, e os museos teñen unha opción preferente de compra, co cal o descubridor leva o seu premio, e as diferentes institucións públicas poden optar por resgardar o Patrimonio histórico, que é de todos. A maioría dos achados en moedas son verdadeiramente miserables, auténtica chatarra para fiambreiras, pezas de cobre dobradas, marteladas, oxidadas e carentes de valor por si mesmas. Pero o seu valor científico resulta moito máis valioso que o do ouro, máis cando aparecen en lugares insospeitados, en cantidades significativas. Xurden, por exemplo, moedas romanas onde non se agardaba que estes asomaran o fuciño, e que amosan o grao e a intensidade do comercio romano naquel extremo occidental do Imperio. Cos anos, o PAS e os seus 400.000 rexistros de pezas está a trazar un novo mapa da antigüedade británica. O achado de Terry Herbert é unha mostra do bo funcionamento deste sistema.
O PAS ven suplir a crise da arqueoloxía de investigación na Gran Bretaña do colapso económico. Un 10% dos arqueólogos profesionais perderon o seu emprego, e a maioría dos equipos que traballan no campo ven perigar as súas fontes de financiamento polos recortes orzamentarios e a inminencia dos Xogos Olímpicos do 2012, que van levar os cartos todos. Os detectores de metais, pola súa parte, son un billete de lotería que pode conducir a un buscatesouros afortunado como Terry Herbert a unha vida sen preocupacións. O peso da arqueoloxía británica descansa cada vez máis no lombo dos “grot pots”, pero aínda así, ou grazas a iso mesmo, non se deixan de aprender cousas do pasado.
Non teño simpatía pola arqueoloxía “amateur”, (case tanta como pola arqueoloxía “de xestión”), pero algo se pode aprender destes ingleses. O PAS palía o problema fundamental desta para-arqueoloxía que é a inexistencia dun rexistro, porque é co rexistro, máis que coas pezas achadas, co que os arqueólogos traballamos. En Galicia, cunha lei quizais máis restrictiva e máis protectora do Patrimonio, os achados son sistematicamente ocultados, destruídos ou no mellor dos casos desviados ao mercado anticuario, e ademais non se evita que aquí tamén exista un verdadeiro exército de pseudoarqueólogos que furan os montes sen método nin xeito, armados cos seus detectores de metais. Non hai que defender tal cousa, pero polo menos, na Gran Bretaña foron capaces de crear un marco de colaboración entre os arqueólogos e a cidadanía, que está dando froitos. Aquí iso é un soño: Se un paisano vai á Dirección Xeral de Patrimonio contando que lle apareceu unha moeda romana sachando na viña, veredes o que pasa."
Non se aceptan comentarios malintencionados.
domingo, 7 de febrero de 2010
O Misterio do alto de Os-Tras
" La venganza del campo "
Xa levaba meses angustiado , hai non moito tempo non sei se foi neste blog ou nun comentario noutro dos vosos , falaba daquela macromanifestación agraria en Madrid que apenas fora reflectida nos medios de comunicación ....entón quedárame un regusto moi amargo , unha sensación de que algo fallaba , unha sensación equiparable a tristeza que produce en min o pasotismo que teño sobre a sabiduría agraria da miña avóa ou meus pais........Un darse conta de algo moi importante....e hoxe pola mañán en Radio3 , leron en alto e con música melancólica este texto do ex-ministro de agricultura do PP Manuel Pimentel no diario económico 5 Días......
Manuel Pimentel - 19/08/2009
No sabemos cuándo llegará, pero más pronto que tarde se presentará entre nosotros con sus fauces abiertas sedientas de venganza. Durante décadas los hemos despreciado, humillado, pisoteado. Al campo, a la agricultura, a la ganadería y al conjunto de sus gentes. Sector primario, lo definíamos, como sinónimo malicioso de elementales, primitivos, básicos. La sociedad posmoderna ignoraba a los productores agrarios, a los que benignamente sólo toleraba como cuidadores de un medio ambiente en el que solazarse. El campo ha desaparecido del debate público. Oímos a los políticos y a los gurús desgañitarse en el debate de la economía del futuro. ¿Alguien los ha oído alguna vez nombrar la agricultura? No. El campo ya no existe para las mentes pensantes. Todas dan por hecho que los productos agrarios sanos y baratos seguirán inundando los mercados. Se equivocan. Más pronto que tarde, el campo se vengará en forma de escasez de alimentos, que subirán de precio de forma brusca e inesperada. Que nadie se queje entonces. Entre todos estamos incubando ese monstruo a base de desprecios y desdén.
Le llaman cadena de valor. El precio final que paga el consumidor debe retribuir a la cadena de supermercados, al fabricante, al transportista, al almacenista y finalmente al agricultor. ¿Adivina quién es el que menos percibe de esta cadena? Pues ha adivinado bien: es el que está al final, el proveedor de la materia prima, el más débil a la hora de negociar. Le dan tan poco que no puede ni cubrir gastos. Pongamos un ejemplo. Una camisa de algodón que cuesta 100 apenas si tendrá unos céntimos de hilo de algodón. Todo se queda en la marca, el diseño, los transportes, el comercio, el valor añadido de la cadena, etc. El costo de la materia prima agraria o ganadera es irrelevante. Tanto la política como la empresa exprimen sin piedad al agricultor, que contempla impotente la progresiva ruina de sus economías y familias. La sociedad canta ahora, por ejemplo, a las marcas blancas, sinónimo de una vuelta de tuerca más sobre el pescuezo de los agricultores.
Mientras esto ocurre, la expansión de las zonas urbanas e industriales -ubicadas normalmente sobre las tierras más fértiles- continúa devorando implacablemente la superficie agrícola, y la proliferación de infraestructuras, sigue arañando miles y miles de hectáreas cada año de tierras de cultivo. El factor tierra también se reduce por el crecimiento de instalaciones de energías renovables. Los paneles y los molinos también restan hectáreas de cultivo y pastos. Se nos podría contraargumentar que aún existen tierras abandonadas o vírgenes, pero la verdad es que son más escasas de lo que podemos pensar. Casi toda la superficie que se puede cultivar ya se cultiva, y el resto, o es infértil o se encuentra protegida. No podemos basar nuestro desarrollo en la deforestación masiva de los escasos bosques y zonas salvajes que nos restan. Lentamente, cada vez tenemos menos tierra para labrar.
El segundo factor básico es el agua, y aquí el futuro es aún más sombrío. Sin adentrarnos en las teorías del cambio climático, y aún contemplando el mantenimiento del clima tal y como lo conocemos, la cantidad de agua destinada a la agricultura disminuye año a año. Las modernizaciones de los regadíos podría ser una causa positiva, pero la principal es la rivalidad de usos. El ingente consumo urbano, turístico e industrial del agua -todos ellos antepuestos al agrícola- hace que cada año los agricultores dispongan de menos agua para sus cultivos. La escasa rentabilidad de sus producciones también limita al máximo su consumo.
Es en el tercer factor, las técnicas de cultivo y la investigación en las variables de producción donde aún podemos cifrar nuestras esperanzas. Todavía queda camino por recorrer para incrementar la productividad por hectárea. Pero los actuales precios basura impiden financiar la innovación. Tan sólo si el campo vuelve a la rentabilidad, la investigación podrá azuzarse.
Todos los alimentos -y digo bien: todos- provienen del sector primario. Ni toda la química ni electrónica del momento han logrado producir ni un solo gramo para comer. Hemos olvidado algo tan elemental como el que tenemos que comer todos los días. No debemos permitir que el campo siga muriendo. Los precios deben reajustarse, y en los planes económicos, el sector primario debe tener un peso propio. Algunos países, como China, están comprando masivamente tierras en terceros países. Quieren inmunizarse ante la venganza del campo. ¿Qué hacemos nosotros? Pues nada. Así nos irá.
Manuel Pimentel