jueves, 26 de marzo de 2009

domingo, 15 de marzo de 2009

De Lúas e Soles .



De vostede depende descifrar o contido simbólico desta rocha..... pense....

Pense mentres se transporta vostede 5.000 anos atrás..... inspire e véxase vostede co cabelo suxo e longo , as súas mans lastimadas e rugosas e as súas unllas negras coma o carbón. Imaxínese vostede cunha vestimenta cheirenta de lá de ovella....e pense que vostede ten fame......e pense que é inverno e vai frío , está vostede entumecido e non ten que comer , está no monte cunha comunidade de salvaxes máis desnutridos ca vostede....e non tedes forza para cazar. Non hai legumes no poboado ...... o vello que falaba coa a rocha morreu.....el sabía cando prantar , el sabía canto esperar ......el era o único que sabía cando recolleitar......Morreu.....e a Rocha só falaba con el......

Agora volte vostede a súa dimensión e avance 30 anos máis e imaxine que esta crise tambalee o seu modo de vida......pense que ten fame ......pense que os seus avós , aqueles que gardaban o segredo da rocha , xa non están con vostede.....e vostede agora está en dificultades, e tampouco é quen de interpreta-la rocha que dá o sustento.... e maldice por non teren aprendido.....

¿ Estaremos a tempo de aprender?

miércoles, 4 de marzo de 2009

Nos tamén temos Armas mediaticas.



Farto moi farto da pasada campaña electoral , e de paso asqueado de como xornais coma LA VOZ (de la Coru y de la Cori ) envenaban a campaña con merda do peor amarillismo ....e dándome conta de que unha mentira cen veces machacada se converte nunha verdade...Fixen un experimento.

Entrei na paxina do diario ABC .
Alí entre os habituais ataques a Zp e os nacionalismos periféricos , había unha noticia na portada que falaba en plan bíblico do aumento colosal do desemprego....... ( neste tipo de noticias sempre hay un link para deixar un comentario......obviamente para poñer a parir a ZP e os sindicatos ).

Curiosamente entereime por outro medio de que ABC , pertencente a Vocento , vai despedir ó 52% da súa plantilla , pola súa nefasta xestión .

Entrei no link dos comentarios , repleto de ataques furibundos ó goberno ,....e deixei escrito o meu falando así ...
**( " y que me dicen uds. del ERE que se les avecina ?? "

O comentario apareceu en pantalla 50 segundos , pero logo borrouse , e apareceu outro na súa liña editorial........cabreeime e escribín outro semellante o anterior pero sen citar expresamente a ABC .......a mesma historia sae en pantalla pero o borran decontado.

Enfurecínme e escribín:
**( Tú si Tú , el currante que borra los mensajes , a lo mejor para la semana estás en la PUTA CALLE , haz favor y deja mis mensajes en paz .)

Ó cabo duns minuntos , saíron mensaxes en tromba poñéndome a parir , pero logo saíron uns inesperados defensores e colapsamos o link chantándolles as verdades na cara , chegamos a 186 comentarios . Ó censor non lle daba tempo a borrar tanto mensaxe ( e de paso dicir que todos eran +ou- respetuosos).

TAL FOI A VICTORIA QUE TIVERON QUE RETIRAR A NOTICIA DA PORTADA ¡¡¡

( A ultima mensaxe foi en galego)

**IDES O PARO , QUE VOS FODAN A TODOS , COBARDES LAMECÚS DO AMO.


P.D. Tentei facer o mesmo con LA VOZ , pero teñen máis filtros , pero todo se andará. NESTA LEXISLATURA PENSO AFUNDIR A ESES MAMARRACHOS QUE SE DIN PERIODISTAS ¡¡

LATORRE VOY A POR TI ¡¡¡

CONSULTE AL FARMACEUTICO
( Este experimento vai dirixido contra os medios de comunicación corruptos , non contra partidos políticos , cada un que pense o que queira , sen calumniar a ninguén)