miércoles, 31 de diciembre de 2008
A Lira de Orfeo .
..... E foi ese día na noite dos tempos que Eurídice , esposa de Orfeo , paseaba pola ribeira do río Estrimón cando unha xigante serpe abalanzouse sobre o seu esbelto corpo e prendeu o seu veleno no seu peito... Eurídice non tardou en morrer.
Contan as crónicas da época que Orfeo tocou cantigas tan tristes e cantou tan lastimeramente que tódalas ninfas e deuses choraron e lle aconsellaron que baixase o inframundo.
Camiño das profundidades tivo que sortear moitos perigos, para os cales valeuse da súa música , abrandou o corazón dos demos e fixo chorar ós Tormentos por primeira e única vez.
Chegado o momento abrandou tamén o corazón do Hades , o inferno , o cal lle permitiu a Eurídice voltar con el á Terra , pero só baixo a condición de que debía camiñar diante dela e que non debía mirar cara atrás ata que ámbolosdous chegaran ó mundo superior e os raios do Sol bañasen a Eurídice. A pesares das súas ansias Orfeo non mirou atrás incluso cando pasaban algún demonio....Finalmente chegaron á superficie , e Orfeo cheo de desesperación mirou atrás pero Eurídice non fora totalmente bañada polo Sol , e tiña todavía un pé no inframundo . Eurídice desvaneceuse no aire dende entón para sempre.
Hai uns meses uns amigos e servidor sentimos a extraña necesidade de visita-las ruínas da antiga ciudadela de Lamsbricae , alí , chamados e levados por unhas tristes notas de lira paseabamos absortos polas murallas , o tempo parecía deterse , o Soño apoderouse da ciudadela uns intres .....pero houbo un momento de desacougo ....un suave Shhhhhhhs e un olor fétido que desapareceu tan pronto voltaron soar as notas da lira.
Sí , se cadra Orfeo persegue á Serpe onde queira que apareza.
Fixádevos sempre nas árbores en forma de Lira , alí está a Serpe , e tamén Orfeo ......pero a saber ata cando.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)