
Temor justificado
"Vivo con el miedo de que alguien se ponga
dos Power Balance y domine el mundo."
Dende 1998, o Estado Español vén autorizando de forma sistemática os cultivos experimentais de sementes con organismos modificados xeneticamente (OGM) como o millo BT, coñecido tecnicamente como Compa CB, patentado por Syngenta Seeds. A estas empresas uníronse nos últimos anos Monsanto e Pioneer Hi Bre –unha filial de Du Pont– ou Bayer, líderes internacionais no seu sector que teñen a Galicia por terra de experimentación.
A comunidade sufriu as súas continuas invasións durante once anos do millo NK603 e do MON810 principalmente, un cereal que en 2008 e 2009 se plantou, segundo datos do Ministerio de Medio Ambiente, en Mesía, Val do Dubra, Touro, Arteixo, Vilalba, Chantada, Castro de Rei e Lalín. En 2010, está autorizada a plantación experimental en Galicia de cinco clases de millo transxénico: NK 603, MON810, 59122, 1507 NK603 e 1507, en Mesía, Ribeira,Vilalba e Chantada.
Arzúa será a máis afectada, pois acollerá 2.000 metros cadrados de cultivos de ensaio do millo MON88017 “resistente a insectos coleópteros” e 6.000 metros cadrados máis dos mencionados NK603 e MON810. Se estes cultivos de proba superan os criterios das multinacionais e dos organismos que os regulan, poderán pasar a cultivarse de forma comercial e, polo tanto, utilizarse en alimentos. Os que non superen as probas destruiranse de forma “insegura e contaminante” advirten colectivos ecoloxistas.
O Estado Español é o único de toda a Unión Europea que permite os cultivos para fins comerciais de certos tipos de OGM pois normalmente a súa produción comercial está prohibida pola súa falta de garantías, xa que nin sequera deben pasar un trámite previo que avalíe a súa seguridade.
O MON810, por exemplo, é o único transxénico legal que se produce de forma comercial en España, a pesar do amplo rexeitamento cidadán que tivo polas súas posibles consecuencias sociais e medioambientais. De feito, en outubro do ano pasado o devandito ministerio recoñeceu por primeira vez a existencia de persoas afectadas por contaminación dos seus cultivos para a alimentación por polinización de parcelas a carón de onde se produce o MON810.
OCULTISMO
Toda a información arredor dos OGM é confusa e de moi difícil acceso, unha circunstancia agravada polo “ocultismo” da Administración, segundo declaran multitude de asociacións ecoloxistas e grupos políticos, como Amigos da Terra, Sindicato Labrego Galego (SLG), Greenpeace, BNG ou o propio PSOE en moitos concellos.
Estes campos de experimentación ao aire libre realízanse en parcelas arrendadas polas multinacionais a particulares ocultando información ou de forma subrepticia para probar nelas distintas variedades transxénicas de millo, patacas, remolacha ou incluso algodón e son un requisito imprescindible para obter un permiso de cultivo comercial de novos tipos de OGM, que aproba a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria e en España o MARM.
" O Mundo según Monsanto " , (darlle no video para ampliar)
| Chega a pataca transxénica aos nosos campos e aos nosos pratos | | |




obrigatoriedade de denunciar o achado de obxectos de ouro e prata, ou moedas de máis de 300 anos de antigüedade, e creouse conxuntamente un sensacional instrumento: o Portable Antiquities Scheme, unha enorme base de datos onde calquera que faga unha descuberta pode comunicala voluntariamente. O seu “tesouro” é tasado, e os museos teñen unha opción preferente de compra, co cal o descubridor leva o seu premio, e as diferentes institucións públicas poden optar por resgardar o Patrimonio histórico, que é de todos. A maioría dos achados en moedas son verdadeiramente miserables, auténtica chatarra para fiambreiras, pezas de cobre dobradas, marteladas, oxidadas e carentes de valor por si mesmas. Pero o seu valor científico resulta moito máis valioso que o do ouro, máis cando aparecen en lugares insospeitados, en cantidades significativas. Xurden, por exemplo, moedas romanas onde non se agardaba que estes asomaran o fuciño, e que amosan o grao e a intensidade do comercio romano naquel extremo occidental do Imperio. Cos anos, o PAS e os seus 400.000 rexistros de pezas está a trazar un novo mapa da antigüedade británica. O achado de Terry Herbert é unha mostra do bo funcionamento deste sistema.